Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2025

10.13.28. Por investimento en instalacións de recursos enerxéticos renovables

Contía

  1. En caso de declaración individual:

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é inferior a 35.000 euros, o 50% da base de dedución.

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é igual ou superior a 35.000 euros e inferior a 45.000 euros, o 37,50% da base de dedución.

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é igual ou superior a 45.000 euros e inferior a 60.000 euros, o 25% da base de dedución.

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é igual ou superior a 60.000 euros, non haberá dereito á dedución.

  2. En caso de declaración conxunta:

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é inferior a 50.000 euros, o 50% da base de dedución.

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é igual ou superior a 50.000 euros e inferior a 75.000 euros, o 37,50% da base de dedución.

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é igual ou superior a 75.000 euros e inferior a 95.000 euros, o 25% da base de dedución.

    • Se a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro é igual ou superior a 95.000 euros, non haberá dereito á dedución.

Requisitos e condicións

  • A dedución poderase aplicar polos investimentos realizados tanto na vivenda habitual do contribuínte como nas vivendas destinadas ao arrendamento, sempre que este non teña a consideración de actividade económica, cando en ambos os dous casos as vivendas estean radicadas na Rexión de Murcia.

    O concepto de vivenda habitual e de actividade económica será o contemplado na normativa reguladora do IRPF.

  • Só darán dereito á dedución os investimentos na adquisición e instalación de sistemas que empreguen enerxías renovables destinadas exclusivamente ao autoconsumo para as que se presentase a declaración responsable ante o órgano competente, cando esta veña esixida pola normativa aplicable.

    No caso do sistema de aproveitamento de enerxía fotovoltaica, a dedución non será aplicable á modalidade con excedentes non acollida a compensación.

    Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo  2.a) da Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do  11 de decembro de  2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables.

  • O gasto de instalación enerxética deberase xustificar a través de factura emitida por instalador habilitado que debe cumprir todas as condicións establecidas no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

  • As cantidades satisfeitas aos instaladores que realicen a instalación deberán realizarse mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito.

    En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

  • Cando exista máis dun contribuínte con dereito a practicar a dedución por unha mesma vivenda, o importe e o límite máximo da citada dedución ratearase na declaración de cada un deles en proporción á cantidade investida.

  • No caso de que o investimento se realice a través dunha comunidade de Propietarios, para ter acceso á dedución por parte dos comuneiros cumprirá acreditar o devandito investimento por medio de certificado emitido polo representante legal da Comunidade, en que se indique o coeficiente de participación e as achegas económicas que corresponda a cada comuneiro.

    A dedución poderá aplicara cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios.

  • Se o importe da dedución non puidese aplicarse na súa totalidade no período impositivo da realización do investimento, por insuficiencia da cota íntegra, a cantidade restante poderá ser aplicada, como máximo, nos dous períodos impositivos posteriores.

Base da dedución

A base de dedución estará constituída polas cantidades satisfeitas durante o exercicio pola totalidade do custo da instalación, con exclusión das axudas e subvencións que cada contribuínte percibise con esta finalidade.

En ningún caso o importe da dedución poderá superar os 7.000 euros.

Formalización

Na xanela reflectirá:

  • O importe da dedución xerada en 2024 pendente de aplicar por non ter cota íntegra autonómica suficiente.

  • As cantidades satisfeitas no exercicio con dereito a dedución.

    En caso de matrimonio se o importe satisfeito corresponde ao cónxuxes por partes iguais cada un reflectirá o 50% do total das cantidades satisfeitas por ambos os dous.

  • A referencia catastral do inmoble. Se a vivenda non tivese referencia catastral marcará o recadro habilitado con esa fin.

  • A cantidade investida por todas as persoas con dereito á dedución.

O programa trasladará os datos ao Anexo B.12 da declaracción .