Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2025

10.14.26. Por enfermidade celiaca diagnosticada

Contía

250 euros por cada persoa integrante da unidade familiar que teña enfermidade celiaca diagnosticada.

Requisitos e condicións

  • Aos exclusivos efectos desta dedución considéranse persoas integrantes da unidade familiar do contribuínte ao propio contribuínte, o seu cónxuxe e as persoas que dean dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendente regulado na LIRPF .

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución por unha mesma persoa, o seu importe distribuirase por partes iguais.

  • A condición de enfermidade celiaca deberá acreditarse mediante certificado médico que recolla o diagnóstico definitivo conforme aos criterios recoñecidos pola comunidade científica. O devandito certificado deberá ser emitido por médico en activo en que conste a súa identificación completa, incluído o número de colexiado e especialidade, a data de emisión e de diagnóstico.

Formalización

  • Se a persoa con enfermidade celíaca é o propio contribuínte ou o seu cónxuxe marcará no apartado A) os recadros correspondentes. Adicionalmente, se o cónxuxe faleceu no exercicio marcará o recadro habilitado con esa fin.

  • Se os diagnosticados coa enfermidade celíaca son os descendentes e / ou os ascendentes no apartado B) consignará o número de descendentes e / ou ascendentes que dan dereito á dedución:

    • Se só hai unha persoa con dereito á dedución polo mesmo descendente e / ou ascendente o número de descendentes ou ascendentes que xeran o dereccho consignarase no recadro habilitado con esa fin.

    • Cando haxa dúas persoas con dereito á dedución polo mesmo descendente e / ou ascendente no recadro correspondente indicarase o número de descendentes e / ou ascendentes que xeran o dereito.

    • Cando haxa máis de dúas persoas con dereito á dedución polo mesmo descendente e / ou ascendente no recadro habilitado reflectirá o número de descendentes e / ou ascendentes que xeran o dereito e, o número de persoas con dereito a aplicar a dedución.

En todo caso, deberá reflectir o Nº de colexiado do médico que emite o certificado.