Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2025

10.3.26. Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida

Contía

  1. Os contribuíntes que adquiran ou rehabiliten unha vivenda habitual que teña a consideración de protexida, conforme á normativa estatal ou autonómica na materia, terán dereito a aplicar unha dedución de:

    • Ata 5.000 euros no exercicio en que se leve a cabo a adquisición ou rehabilitación.

      No caso de adquisición o límite de 5.000 euros aplicarase nun único exercicio que será áquel en que se produza a adquisición da vivenda a través dun contrato privado ou mediante escritura pública.

      No caso de rehabilitación o límite de 5.000 euros aplicarase a aqueles exercicios en que se leve a cabo a rehabilitación.

    • Ata 1.000 euros nos exercicios sucesivos.

      Este límite aplicarase nos exercicios posteriores á adquisición ou á rehabilitación se se seguen incorrendo en gastos. Xeralmente esta situación prodúcese no suposto de haberse contraídas operacións de endebedamento.

  2. No suposto de que o gasto que orixine o dereito á dedución non resulte superior aos importes establecidos no apartado anterior, o límite máximo da dedución fixarase na contía do citado gasto efectivo.

    O importe total desta dedución non poderá superar en ningún caso os importes fixados no punto 1.

Requisitos e condicións

  • A base da dedución constitúena as cantidades investidas durante o exercicio na adquisición ou rehabilitación da vivenda, incluíndose os importes destinados á amortización de préstamos hipotecarios (tanto as cantidades destinadas á amortización do capital como ao pagamento de intereses).

    As cantidades satisfeitas pola construción da vivenda poden ser tidas en conta para determinar a contía máxima da dedución.

  • Se o contribuínte carece de cota íntegra autonómica suficiente para aplicar o total da dedución no período impositivo en que se leve a cabo o gasto, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución respectando o límite sinalado anteriormente.

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o importe máximo da dedución ratearase entre eles por partes iguais  aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

  • A acreditación documental dos gastos que xeren dereito a dedución deberá realizarse mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en Dereito.

Formalización

Se tivese cantidades pendentes de aplicar dos exercicios 2022, 2023 e 2024 reflectirá o seu importe (pode consultaros nos recadros 0800,1611 e 0809 da declaración de IRPF de 2024).

Consignará o importe satisfeito neste exercicio con dereito a dedución e o número de persoas con  dereito a aplicara.