Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2025

10.9.11. Por alugamento da vivenda habitual de vítimas de violencia machista

Contía

A contribuínte que acredite ter a condición de vítima de violencia machista pode deducir o 20 %, ata un máximo de 1.000 euros anuais, das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de alugamento da vivenda habitual.

A porcentaxe e o importe máximo de dedución elévanse ata o 25 % e os 1.200 euros, se a contribuínte ten unha discapacidade igual ou superior ao 65 %ou se ten algún fillo ou filla menor de idade a cargo que dá dereito ao mínimo familiar por descendentes.

Requisitos e condicións

  • A contribuínte ten que ser a titular do contrato de alugamento.

  • A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non pode ser superior a 30.000 euros anuais.

  • A condición de vítima de violencia machista acredítase por algún dos medios de proba establecida á Lei 5/2008, do 24 de abril, do dereito das mulleres a erradicar a violencia machista.

  • Unha mesma vivenda non pode dar lugar á aplicación dun importe de dedución superior a 1.000 euros ou 1.200 euros en caso de discapacidade da contribuínte ou se ten un fillo/a menor a cargo.

  • A dedución pódese gozar como máximo durante tres exercicios consecutivos.

Formalización

Para cada unha das vivendas farase constar o importe satisfeito polo titular, o NIF do arrendador ou o número de identificación se o arrendador non residen en España e non ten NIF e o número de persoas con dereito á dedución.

O programa trasladará os datos ao anexo B.15 da declaración.