2.3. Formas de acceso
Como acceder ao Servizo tramitación modelo 036 (Censos WEB) para persoas físicas (Alta inicial, Baixa ou Modificación do domicilio) mediante identificación electrónica en nome propio ou a través de terceiros
O acceso ao servizo de tramitación do modelo 036 a través de Censos WEB pode realizarse mediante os seguintes sistemas de identificación electrónica:
-
Cl@ve
-
Certificado electrónico recoñecido
-
DNIe (con lector habilitado)
Se ten dúbidas sobre como obter un certificado electrónico ou como rexistrarse no sistema Cl@ve, pode consultar a información dispoñible no contido relacionado.
Acceso en nome propio
Cando o declarante accede co seu propio certificado electrónico ou mediante o sistema Cl@ve, poderá realizar o trámite en nome propio.
Acceso en representación (apoderado)
Se o declarante non dispón de certificado electrónico nin está rexistrado en Cl@ve, a presentación pode realizara outra persoa autorizada mediante un apoderamento válido. O apoderado deberá contar con autorización para visualizar os datos censuais do representado e presentar declaracións do modelo censual no seu nome.
Se a persoa que intenta acceder non conta co apoderamento correspondente, o sistema mostrará a seguinte mensaxe:

Nos casos de representación voluntaria, recoméndase que o poder estea debidamente inscrito no Rexistro de apoderamentos da AEAT. Teña en conta que indicar un representante no modelo 036 non implica a alta automática no devandito rexistro. Para rexistrar un apoderamento que permita realizar trámites por Internet ante a AEAT, acceda á seguinte ligazón: Rexistro de apoderamentos.