Saltar ao contido principal
Manual de axuda: Censos WEB

4.1.1. Datos identificativos

Dentro da pestana “Datos Identificativos”, o sistema mostrará automaticamente os seus datos persoais, incluíndo nome, apelidos,  NIF e residencia fiscal. Estes datos, extraídos do Censo de obrigados tributarios da Axencia Tributaria, sempre aparecerán prereenchidos e deben ser verificados polo usuario.

Na mesma pestana, encóntrase o apartado “Emprendedor de responsabilidade limitada”, accesible ao picar no seu título. Este apartado é obrigatorio unicamente se o contribuínte decide rexistrarse como emprendedor de responsabilidade limitada.

Datos identificativos

Datos identificativos

Por último, no apartado "Suscripición /Modificación a avisos informativos da AEAT, TEA e DGT", o usuario poderá xestionar as canles de contacto para recibir avisos por parte da Administración.

Pode obter máis información desde a opción “Axuda” a través da Sede Electrónica da AEAT no apartado «Inicio/Todas as xestións / Subscrición a avisos informativos e xestión de usuarios identificados na aplicación móbil».

A subscrición ao servizo de avisos de información da Axencia Tributaria, dos Tribunais Económico-administrativos e da Dirección Xeral de Tributos é unha opción voluntaria que, unha vez exercitada, pode darse de baixa en calquera momento.

Para continuar, acceda á pestana “Domicilios” ou pulse “Para continuar acceda á pestana "Domicilios"”, ou ben seleccione a opción que corresponda:

  1. "Saír"

  2. "Validar declaración"

  3. "Exportar"

Domicilios