4.1.10. Comercio intracomunitario
A pestana “Comercio intracomunitario” está destinada a recoller información sobre as operacións de compra ou venda de bens e servizos realizados con países membros da Unión Europea (UE ).

Preséntanse dous apartados principais, que deben cumplimemtarse só en caso de realizar operacións con outros países da Union Europea.
Inclúense:
-
Vendas a distancia intracomunitaria de bens e prestacións de servizos de telecomunicación, radiodifusión, televisión e vía electrónica.
Este apartado está destinado a empresarios que vendan bens ou prestan servizos dixitais a consumidores finais (particulares) situados noutros Estados membros da UE.
O usuario deberá indicar:
-
Se supera o limiar de 10.000 euros (marcando “Excede 10.000” ou “Non excede 10.000 ”)
-
Data de efecto en que se inician estas operacións, se resulta aplicable.
Este apartado é clave para determinar se se debe tributar no país do cliente e se corresponde optar polo réxime especial de portelo único (OSS).
-
-
Adquisicións non suxeitas ao IVE español (segundo o artigo 14 da Lei do IVE )
Este apartado é aplicable nos seguintes supostos:
-
O empresario está acollido ao Réxime especial de agricultura, gandaría e pesca de IVE ou
-
Realiza exclusivamente operacións exentas de IVE sen dereito a dedución, e
-
Realiza adquisicións intracomunitarias de bens.
Neste apartado débese indicar:
-
Se supera o limiar de 10.000 euros en adquisicións intracomunitarias de bens.
-
Se se opta voluntariamente por tributar en réxime xeral de IVE nestas operacións, aínda que non se supere o devandito limiar.
-
Cubrir correctamente esta pestana é fundamental para cumprir coas obrigas derivadas do comercio intracomunitario, como a inscrición no rexistro de operadores intracomunitarios (ROI ).

Unha vez completada esta información (ou se non aplica ningunha opción, pode deixaro en branco):
-
Revise a declaración.
-
Fai click en “Validar declaración” para comprobar que non hai erros.
-
Se todo é correcto, pulse “Presentar declaración” para finalizar o proceso.