4.1.7. Outros datos de IVE
Esta pestana “Outra datos de IVE” permite declarar circunstancias específicas relacionadas co IVE que non foron recollidas nos apartados anteriores. O seu obxectivo é complementar a información fiscal naquelas actividades que, pola súa natureza ou réxime, requiren datos adicionais.

O sistema mostrará unicamente os campos relevantes para o réxime que se lle asignase. Nesta pestana, o usuario deberá revisar, confirmar ou completar a información relacionada coa súa situación tributaria en materia de IVE.
-
Inicio de actividade
-
O sistema mostrará automaticamente nun desdobrable a data de alta da actividade previamente indicada na pestana de "Actividades".
-
En caso de declarar varias actividades, mostrarase a data de inicio correspondente á primeira delas .
En determinadas situacións, o contribuínte pode realizar operacións preparatorias para a súa actividade (como a adquisición de bens ou servizos) antes do inicio efectivo da prestación de servizos ou entrega de bens.
Nestes casos, o contribuínte deberá modificar a opción que o sistema mostra por defecto, e consignar a data real e efectiva de inicio da actividade, previamente indicada na pestana de "Actividades".
-
-
Outras opcións dispoñibles
-
O sistema mostrará en distintos desdobrables cada unha das opcións dispoñibles que xorden polas actividades de alta e as respostas dadas na pestana de “Preguntas previas”.
-
Entre outras opcións encóntranse:
-
Rexistro de Operadores Intracomunitarios (ROI ).
-
Deducións. Propón porcentaxe provisional de dedución, para os efectos do artigo 111.dous da LIVE.
-
Sectores diferenciados e pro rata especial.
-
Información xeral da Subministración Inmediata de Información do IVE (SII).
-
-

Unha vez completada a información requirida nesta pestana, o usuario poderá avanzar ás seguintes, sempre en función da súa situación fiscal e das respostas previas.
Para continuar, pulse sobre a pestana “Retencións e ingresos a conta ”ou na parte inferior “Para continuar acceda á pestana "Ret. e ing. a cta.". Tamén pode seleccionar a opción que corresponda:
-
"Saír".
-
"Validar declaración".
-
"Vista previa".
-
"Presentar declaración".