Saltar ao contido principal
Manual de axuda: Censos WEB

4.1.9. Outros impostos

A pestana “Outra impostos”  habilítase unicamente se as actividades económicas declaradas xeran obrigas adicionais distintas do IVE ou do IRPF. Esta sección está especialmente deseñada para reflectir a inscrición en rexistros relacionados con impostos especiais ou outros tributos, e a asunción de obrigas complementarias derivadas de actividades específicas.  

Preséntase dividida en bloques temáticos, segundo a natureza do imposto afectado. Algúns dos bloques máis comúns:

  • Impostos especiais sobre o alcohol e bebidas derivadas ou sobre hidrocarburos.

  • Imposto sobre determinados Servizos Dixitais.

  • Impostos Ambientais.

  • Imposto sobre as Primas de Seguro.

  • Impostos especiais.

Impostos especiais

O sistema mostrará a data de alta da actividade indicada previamente. No caso de declarar varias actividades, mostrarase a data de inicio correspondente a cada unha  elas. 

Unha vez cumprimentados correctamente estes datos, o usuario poderá continuar a ultímaa pestana do asistente:  “Comercio intracomunitario”.