Saltar ao contido principal
Manual de axuda: Censos WEB

6.1. Ligazóns de axuda

O sistema ofrece na parte inferior de todas as pantallas acceso a axuda da Axencia Tributaria "ADI, Necesitas axuda?".

Pulsando na icona poderá acceder aos seguintes servizos de axuda:

  1. As respostas automáticas do Informador censual. Se necesita ampliar a información obtida pode acceder ao chat ou ao servizo INFORMA+, atendidos ambos os dous por especialistas da Administración Dixital Integral.

  2. Acceso directo ao chat atendido por especialistas da Administración Dixital Integral.

  3. Cita telefónica de Censos.

    Para solicitar a cita telefónica:

    • Cando apareza a xanela emerxente “Necesitas axuda?", seleccione a opción "Chamámoste ".

    • Indique a data e hora en que desexa ser contactado. En caso de haber axentes dispoñibles, poderá ser atendido de forma inmediata.

Un axente da AEAT porase en contacto con vostede para prestarlle a asistencia necesaria.

Se ten dúbidas sobre a formalización, tamén pode consultar a “Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Solicitude de axuda