7. Inclusión anterior ou actual en calquera dos Réximes Especiais
Este apartado débese encher cando o declarante, anterior ou actualmente, estivese ou estea rexistrado nalgún dos réximes especiais aplicables ás prestacións de servizos, vendas a distancia de bens e determinadas entregas de bens, xa sexa en España ou en calquera outro Estado membro da Unión Europea. En caso afirmativo, deberá consignarse, por cada réxime e por cada Estado membro de identificación, o nº de operador asignado para cada un dos réximes e por cada Estado.