5. Cambio país de identificación
Non cubra este apartado cando decida voluntariamente cambiar de Estado membro de identificación, sen haberse producido un cambio de estrutura que motive o traslado.
Este apartado débese encher cando como consecuencia dun cambio de estrutura (traslado da sede a España ou cesamento de establecemento permanente ou do lugar de inicio do transporte no anterior Estado membro de identificación) non pode seguir rexistrado no réxime no anterior Estado membro e debe ou pode rexistrase en España para poder seguir aplicando o mesmo réxime especial. Nestes casos a data de efectos da alta no Réxime da Unión en España coincidirá coa data de baixa no anterior Estado Membro de identificación.
Débese indicar o seu número de operador no réxime da Unión no país anterior.
É aplicable cando está xa rexistrado no Réxime da Unión noutro Estado Membro e como consecuencia do traslado da sede a España ou do cesamento do establecemento no Estado inicial ou de deixar de iniciarse o transporte no devandito Estado, desexa cambiar o país de identificación a España. Deberase informar do cambio aos dous Estados Membros afectados, o de alta e o de baixa, a máis tardar o décimo día do mes seguinte ao do cambio, se se desexa que a data de efectos da alta no novo Estado (España) sexa a mesma data que a de baixa no antigo: a data do cambio.
Se non se comunica o cambio a ambos os dous Estados membros dentro do prazo, dara de altase no réxime a partir do primeiro día do trimestre natural seguinte ao da solicitude.
O nº de identificación no Estado membro inicial deberá consignarse no apartado 9 da declaración (Inclusión anterior ou actual en calquera dos réximes especiais).