Modificación do rexistro no réxime
Ao seleccionar como causa de presentación a opción de “Modificación” vanse a cargar os datos actuais de rexistro nos réximes especiais aplicables ás prestacións de servizos, vendas a distancia de bens e determinadas entregas de bens - Réxime da Unión.
Os campos marcados en vermello sempre deben estar cumprimentados, aínda que sexan obxecto dunha modificación.
Respecto dos non marcados en vermello, deberán cubrirse os apartados cuxo contido vaia a modificarse respecto dos previamente consignados na declaración de alta no réxime ou en modificacións previamente presentadas.
Os seguintes apartados non son modificables:
1. Causa de presentación
O valor “Modificación” non é modificable.
2. Declarante
Os campos “NIF” e “Apelidos e nome ou razón social” non son modificables.
5. Cambio país de identificación
Non se permite modificar este apartado