1.1 Introdución
Unha das novidades deste exercicio para a presentación da declaración do Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre a renda de non residentes de establecementos permanentes e entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español (mod. 200) é SOCIEDADES WEB.
Este servizo de axuda ofrece maiores vantaxes para tramitar e presentar a declaración do Imposto xa que permite o acceso directo ao servidor da AEAT sen necesidade de ter que descargar un programa de axuda nun ordenador, como ata agora era preciso.
Deste xeito, utilizando calquera dispositivo electrónico que permita a súa conexión con este servidor, pode procederse a cubrir a declaración do Imposto sobre Sociedades. Se non dispón de todos os datos para a presentación da declaración Sociedades Web tamén lle permite gardar as modificacións que faga e acceder posteriormente desde calquera dispositivo a continuar cubrindo a declaración cos datos pendentes, modificaros ou, se é o caso, acceder a unha nova declaración.
Sociedades Web mantén todas as utilidades, controis de formalización, ligazóns e ferramentas de importación de datos e de axuda dispoñible ata agora, utilizando tamén unha interface de características similares co programa anterior.
A través desta axuda para a presentación da declaración do Imposto sobre Sociedades (modelo 200) con Sociedades Web ofrecémoslle información detallada sobre o seu funcionamento e sobre a normativa aplicable aos datos que deben cubrirse na declaración.
Tamén pode realizar simulacións de posibles declaracións de Sociedades mediante o servizo “Sociedades WEB Open (Simulador)”. Non obstante, os cálculos e probas realizadas con este programa non lle permitirán presentar as declaracións de Sociedades efectuadas, xa que para iso cómpre utilizar Sociedades WEB. O seu acceso é non autenticado, de xeito que non se require certificado electrónico.