Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

1.4 Validación e vista previa da declaración

Unha vez cumprimentada a declaración, pulsando o botón “validar declaración” realízase unha comprobación do estado da declaración. Esta comprobación pódese realizar en calquera momento de formalización da declaración. En calquera caso, esta revisión efectuarase automaticamente cando se seleccione “asinar e enviar”.

Presentarase unha lista cos avisosicona aviso, advertenciasicona advertencia ou erros atopadosicona erro.

Se existen erros non se permitirá a xeración do ficheiro.

É conveniente que revise os avisos e advertencias que se presentan.

As advertencias notifican unha omisión de datos cuxa emenda podería ser requirida posteriormente por parte da Administración Tributaria. Ao realizar a xeración do ficheiro imprimirase unha folla de incidencias incluíndo as advertencias que se producisen na declaración.

Se o desexa pode acceder tamén á vista previa da declaración.

Pode realizar simulacións de posibles declaracións de Sociedades mediante o servizo “Sociedades WEB Open (Simulador)”. Non obstante, os cálculos e probas realizadas con este programa non lle permitirán presentar as declaracións de Sociedades efectuadas, xa que para iso cómpre utilizar Sociedades WEB.