1.6.2 Declaración a ingresar con domiciliación bancaria
O contribuínte poderá realizar o pagamento da débeda tributaria resultante da declaración , mediante domiciliación bancaria nunha entidade de depósito colaborador na xestión recadadora da Axencia Tributaria.
Para transmitir a declaración nestes casos, non cumprirá que o contribuínte se poña en contacto coa Entidade Colaboradora para xerar un Número de Referencia Completo (NRC).
O contribuínte deberá consignar na declaración a orde de domiciliación e introducirá o Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) da conta en que se domicilie o pagamento, que deberá reunir os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde EHA/1658/2009, do 12 de xuño, e transmitiraa segundo o procedemento recollido na letra anterior.
Nos casos en que o período impositivo finalizase o 31 de decembro de 2018, os contribuíntes poderán realizar a domiciliación bancaria entre os días 1 e 20 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
Cando o último día do prazo para a presentación da declaración do Imposto sobre Sociedades, de acordo co establecido pola súa normativa reguladora, sexa inhábil, o plazo de domiciliación bancaria, ampliarase o mesmo número de días que resulte ampliado o prazo de presentación da devandita declaración.
Os pagamentos entenderanse realizados na data de cargo en conta das domiciliacións, considerandose xustificante do ingreso realizado aquel que para tal fin, remita a entidade de depósito correspondente.