1.8.1 Axuda Sociedades Web
O botón “Apartados” permitiralle navegar pola declaración para acceder directamente aos recadros que precise cubrir.
Pode acceder á axuda específica de cada apartado da declaración pulsando sobre o botón de Axuda que se encontra situado na barra de Ferramentas da aplicación. O devandito botón abrirá o apartado correspondente da axuda en que se encontre situado.
Tamén pode realizar simulacións de posibles declaracións de Sociedades mediante o servizo “Sociedades WEB Open (Simulador)”. Non obstante, os cálculos e probas realizadas con este formulario de formalización non lle permitirán presentar as declaracións de Sociedades efectuadas, xa que para iso cómpre utilizar Sociedades WEB.