2.4 CNAE (2009) actividade principal
Consignarase o código correspondente á Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) que corresponda a aquela actividade con maior volume de operacións.
Neste campo mostrarase unha táboa cos códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas, correspondente ao CNAE establecido polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril (BOE do 28). Busque coas teclas frecha arriba e frecha embaixo a que lle corresponda e pulse Intro para que o formulario de formalización consigne automaticamente o código.