Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

2.6.3.17 Extinción de entidade

No último parágrafo do artigo 26.1 da LIS establécese que o límite para a compensa­ción de bases impoñibles negativas establecidas no devandito apartado non se aplicará no período impositivo en que se produza a extinción da entidade, non sendo que a mesma sexa consecuencia dunha operación de reestruturación á que resulte de aplicación o réxime fiscal especial establecido no Capítulo VII do Título VII desta Lei.

Polo tanto, deberán marcar esta clave aquelas entidades que non apliquen o límite estable­cido para a compensación de bases impoñibles negativas no período impositivo obxecto de declaración en que se produza a súa extinción.