2.8.2 Persoal non fixo
O declarante consignará nesta clave a cifra media do persoal non fixo asalariado ao seu cargo no exercicio obxecto de declaración. Poderá calcular esta cifra sumando o total de semanas que traballaron os devanditos empregados e dividir polo número total de semanas que contén o exercicio.
Tamén poderá calcular esta cifra:
Número de persoas contratadas con carácter non fixo multiplicado polo nº medio de semanas traballadas e divididas entre o nº total de semanas do exercicio
Cando a cifra media de persoal non fixo asalariado non sexa un número enteiro, expresarase con dous decimais.