2.13.2 Identificación do representante
Procederá a formalización deste campo exclusivamente cando se trate de contribuíntes polo Imposto sobre a Renda de non Residentes.
Neste apartado consignaranse os datos identificativos e o domicilio fiscal da persoa física ou xurídica con residencia en España que ostente a representación do contribuínte polo Imposto sobre a Renda de non Residentes, debendo, ademais, consignar unha X na columna "RPTE.".