2.14.2 B.2. Participacións de persoas ou entidades na declarante
Neste subapartado consignaranse os datos que se solicitan relativos a todas aquelas persoas ou entidades que posúan, á data de peche do período que é obxecto de declaración, unha participación directa na declarante igual ou superior ao 5 por 100 do capital, ou ao 1 por 100 no caso de sociedades cuxos valores coticen nun mercado secundario organizado.
No suposto de persoas físicas menores de idade que posúan a participación requirida, consignarase unha «X» no espazo correspondente á columna «RPTE.», para sinalar que o NIF consignado no espazo anterior corresponde ao seu representante legal, sempre que o menor de idade careza de NIF propio.
No caso de socios estranxeiros sen NIF en España deberase consignar o equivalente ao NIF do país de residencia.