4.1.1 (Clave [00500])
Sociedades Web trasladará a esta clave o importe que figure como resultado da conta de perdas e ganancias consignadas nos estados de contas cumprimentados polo declarante.
Correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias
A incorporación das diferentes correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias, contida no modelo de declaración, realizouse da forma máis sistemática posible, de acordo cos preceptos normativos que regulan os distintos axustes extracontables e cuxa recensión se acompaña en cada caso.
Calquera corrección ao resultado da conta de perdas e ganancias que non teña unha clave específica para a inclusión do importe correspondente, incluirase nas claves «Outras correccións ao resultado contable »: [00413] (aumentos) e [00414] (diminucións).
A inclusión dos importes das correccións, nas súas claves correspondentes, debe realizarse sen signo.