Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

6.3 Entidades de nova creación. Clave 00562 Cota íntegra

Entidades de nova creación

As entidades de nova creación reguladas no artigo 29.1 da LIS que realicen activi­dades económicas, agás que tributen a un tipo inferior, no primeiro período impositivo en que a base impoñible resulte positiva e no seguinte, consignarán na clave [00562] o resultado de efectuar a seguinte operación:

[00562] = [00552] x 15/100

As entidades de nova creación constituídas entre o 1-1-2013 e o 31-12-2014 que reali­cen actividades económicas, e que segundo a disposición transitoria vixésimo segunda da LIS poden seguir aplicando o tipo de gravame establecido na disposición adicional décimo novena do RDLeg. 4/2004, no primeiro período impositivo en que a base impoñible resulte positiva e no seguinte, consignarán na clave [00562] o resultado de efectuar a seguinte operación:

Se a base impoñible do período impositivo é igual ou inferior a 300.000 euros:

[00562] = [00552] x 15/100

Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros:

[00562] = 300.000 x 15/100 + ([00552] – 300.000) x 20/100

Cando as devanditas entidades se encontren no suposto anterior e o seu período impositivo teña unha duración inferior ao ano, o cálculo da clave [00562] será:

Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros x d/365:

[00562] = [00562] x 15/100

Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros x d/365:

[00562] = 300.000 x d/365 x 15/100 + ([00552] – (300.000 x d/365)) x 20/100

Sendo «d» o número de días de duración do período impositivo, entendendose que cuan­do o mesmo teña 1 ano de duración conterá, en todo caso, 365 días.