6.6 Caso Art. 12.2 Lei 11/2009 Clave 00562 Cota íntegra
Caso do artigo 12.2 da Lei 11/2009, do 26 de outubro
No caso previsto no apartado 2 do artigo 12 da Lei 11/2009, é dicir, cando se xere renda derivada da transmisión de inmobles que se posúan ao inicio dun exercicio en que a sociedade pase a tributar por outro réxime fiscal distinto do das SOCIMI e que se transmitan en períodos en que é de aplicación esoutro réxime (este mesmo criterio aplicarase ás rendas procedentes da transmisión das participacións noutras entidades a que se refire o apartado 1 do artigo 2 da devandita lei), entendendose xerada a devandita renda de forma lineal en todos os anos de propiedade do inmoble, a cota íntegra do período impositivo comporana a parte relativa ao réxime distinto do SOCIMI e a parte correspondente ás referidas transmisións gravadas segundo o que se establece na citada lei.
As sociedades que se encontren neste caso deberán marcar a clave [00057] da páxina 1 do modelo 200.
[00562] = [00520] x ([00558] / 100)