9.2 Desagregación do cadro «Detalle das correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias (excluída a corrección por Imposto Sociedades)» (pág. 19)
Neste cadro o contribuínte de forma voluntaria pode cubrir as distintas partidas de desagregación do importe total relativo ás correccións do exercicio e que se recolle nas claves [00417] e [00418] «Totais correccións ao resultado da conta de perdas e ganancias (excluída a corrección por IS)».
Estas partidas de desagregación refírense aos conceptos (por amortizacións, por deterioracións de valor, por pensións, por fondo de comercio e o resto) axeitados á finalidade informativa do caso e que fundamentalmente se agrupan segundo sexan permanentes ou temporarias (e estas segundo que teñan a súa orixe no exercicio ou en exercicios anteriores), en función de que non sexan cancelables en exercicios futuros con correccións de signo contrario (permanentes) ou que deban cancelarse en futuros exercicios coas respectivas correccións de signo oposto (temporarias).
Neste cadro deberase recoller tamén o importe correspondente ás partidas relativas aos saldos (de aumentos e de diminucións) pendentes ao final do exercicio e os seus totais correspondentes.