Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

9.7.1 Grupos de Sociedades, no sentido do artigo 42 do Código de Comercio (incluso no caso das entidades de credito e das aseguradoras)

Cando a declarante sexa a entidade dominante dun grupo de sociedades no sentido do artigo 42 do Código de Comercio, deberá facer constar na clave [00987] o importe neto da cifra de negocios referidos ao conxunto de entidades pertencentes ao grupo. Se o período impositivo ao que se refire a cifra de negocios fóra inferior ao ano natural, o importe elevarase ao ano.

A obriga deste epígrafe esténdese igualmente ás entidades de crédito e ás en­tidades aseguradoras de acordo coas normas de consolidación contable que lles son de aplicación en cada caso.

Neste apartado a declarante deberá facer constar o número de identificación fiscal (NIF) de todas as entidades que forman parte do grupo mercantil (ou equivalente ao NIF do país de residencia, se non ten NIF en España), agás o da sociedade dominante ou declarante.