10.1.6 Retencións por arrendamentos de inmobles urbanos atribuídas por entidades en atribución de rendas
Os contribuíntes deberán consignar nas claves [01791] e [01792] «Retencións por arrendamentos de inmobles urbanos atribuídas por entidades en atribución de rendas» da páxina 14 bis do modelo 200, os seguintes importes:
-
Na clave [01791] deberase consignar o importe das retencións soportadas e atribuídas polas entidades en atribución de rendas no período obxecto de declaración sobre as rendas procedentes do arrendamento ou subarrendamento de inmobles urbanos.
Así mesmo, as agrupacións de interese económico españolas e as unións temporais de empresas consignarán nesta clave [01791], se é o caso, as retencións e ingresos a conta e pagamentos a conta citados no parágrafo anterior que non deban ser obxecto de imputación aos socios ou empresas membros residentes en territorio español.
-
A clave [01792] será cumprimentada exclusivamente por aquelas entidades que sexan socios ou membros dunha agrupación de interese económico española ou dunha unión temporal de empresas. Nesta clave consignarase o importe das retencións practicadas sobre as rendas referidas no parágrafo anterior, obtidas por unha ou varias das devanditas entidades e que fosen imputadas á entidade declarante.