Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

11.1.1.1 Caracteres da declaración

Clave 00009 Entidade dominante de grupo fiscal

Marcarán esta clave as entidades que tributen no Réxime de consolidación fiscal, incluídos os grupos de cooperativas, establecido no Capítulo VI do Título VII da LIS e no Real decreto 1345/1992, respectivamente, para indicar se a devandita entidade declarante é a entidade dominante do grupo fiscal.

Clave 00010 Entidade dependente de grupo fiscal

Marcarán esta clave as entidades que tributen no Réxime de consolidación fiscal, incluídos os grupos de cooperativas, establecido no Capítulo VI do Título VII da LIS e no Real decreto 1345/1992, respectivamente, para indicar se a devandita entidade declarante é unha entidade dependente dentro do grupo fiscal.