2.7.1.24 Diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica que integra entidades menores delas dependentes
Como novidade para o exercicio 2019, créase esta clave que deberán marcar aquelas entidades eclesiásticas que, previa solicitude, obtivesen o recoñecemento como contribuínte do Imposto sobre Sociedades con ámbito máis amplo ao correspondente ao da súa propia personalidade xurídica, en cuxo caso englobarán as actividades e rendementos das entidades inferiores que dese contribuínte dependan.
Lembre: Estas entidades eclesiásticas cun ámbito máis amplo (normalmente as dioceses ou provincias relixiosas) que obtivesen o recoñecemento como contribuínte do Imposto sobre Sociedades, deberán cubrir tamén o apartado «C) Entidades menores dependentes de diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica integradas na declaración, previamente autorizadas» da páxina 2 do modelo 200.