Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

2.7.3.9 Transmisión elementos patrimoniais artigos 27.2.d) e 77.1 LIS

Marcarán esta clave aquelas entidades que no período obxecto de declaración deban gravar as rendas derivadas da transmisión posterior de elementos patrimoniais existentes no momento da transformación da forma societaria ou modificación do estatuto ou réxime xurídico das entidades nos termos previstos no  artigo 27.2 d) da LIS, ou no momento da realización das operacións recollidas no artigo 76 da devandita norma (fusión, escisión, achega de activos, troco de valores e cambio de domicilio social dunha Sociedade Europea ou unha Sociedade Cooperativa Europea dun Estado membro a outro da Unión Europea), segundo o que se dispón no  artigo 77.1 da LIS .