8.4.4.39 2019: Ano Santo Xacobeo 2021 (J21)
Regras comúns das deducións de programas de apoio a acontecementos de excepcional interese público
Incluiranse aquí as deducións a que teña dereito o contribuínte no período impositivo obxecto de declaración en relación á celebración do «Ano Santo Xacobeo 2021», declarado acontecemento de excepcional interese público pola Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, e modificada para ampliar o prazo de duración do contrato pola DF quinta do RDL 17/2020, do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019.
A duración do programa de apoio será desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de septiembre de 2022.