10.2.5 Complementaria: Importe ingreso / devolución efectuada da declaración orixinaria
As claves [00619] e [00620] cubriranse exclusivamente no suposto de que a declaración que se presenta teña o carácter de complementaria doutra declaración anterior, correspondente ao mesmo período impositivo.
Neste caso, reflectirase o resultado da declaración anteriormente presentada, precedida do signo que se indica a continuación:
-
Se o líquido resultante da declaración orixinaria foi unha cantidade a ingresar, consignarase o devandito importe precedido do signo menos (-).
-
Se, pola contra, o líquido resultante da declaración orixinaria foi a devolver, consignarase o importe da devolución efectivamente percibida, precedida do signo máis (+).
De non haberse percibido a devolución no momento de presentación da declaración complementaria non se cubrirán estas claves.
Importante :
Deberá terse en conta, para estes fins, que as declaracións complementarias son aquelas que teñen por obxecto ingresar a diferenza entre o resultado da primitiva declaración e o da nova, ou reflectir unha cantidade a devolver inferior á anteriormente autoliquidada.
Se, pola contra, a formulación da declaración orixinaria producise un exceso de ingresos sobre a contía debida, ou o contribuínte considera que prexudicou de calquera xeito os seus intereses lexítimos, o contribuínte poderá solicitar da Administración tributaria a rectificación da declaración.
As solicitudes poderán facerse sempre que a Administración tributaria non practicase liquidación definitiva ou liquidación provisional polo mesmo motivo nin transcorrese o prazo de catro anos a que se refire o artigo 66 da Lei 58//2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria (BOE do 18).
En tales casos non procederá a presentación de declaracións complementarias.