11.2.1.2 Gastos específicos
Columna: Resultados cooperativos
Neste campo figurarán os gastos específicos necesarios para a obtención deste tipo de ingresos, entre os cales cómpre destacar os seguintes:
-
O importe das entregas de bens, servizos ou subministracións realizadas polos socios, as prestacións de traballo dos socios e as rendas dos bens cuxo gozo fose cedido polos socios á cooperativa, estimados polo seu valor de mercado conforme ao que se dispón no artigo 15 de Lei 20/1990, aínda que figuren en contabilidade por un valor inferior. Como excepción ao cómputo polo seu valor normal de mercado, as operacións descritas no apartado 3 do citado artigo 15 computaranse polo prezo polo que efectivamente se realizasen as mesmas, sempre que non resulte inferior ao custo de tales operacións incluídas a parte correspondente dos gastos xerais da entidade.
-
Os intereses reportados polos socios e asociados polas súas achegas obrigatorias ou voluntarias ao capital social.
Columna: Resultados extracooperativos
Neste campo figurarán os gastos específicos necesarios para a obtención deste tipo de ingresos e imputables a este tipo de resultados.