11.7.2.1 Porcentaxe de imputación de bases impoñibles e demais conceptos liquidatorios (páxina 24)
Na clave [00060] as agrupacións españolas de interese económico e as unións temporais de empresas declarantes deberán consignar a porcentaxe de imputación das bases impoñibles e demais conceptos liquidatorios que efectúen ás persoas ou entidades que ostenten os dereitos económicos inherentes á calidade de socio ou de empresa membro residentes en territorio español ou non residentes que operen mediante establecemento permanente no mesmo, o día da conclusión do período impositivo das entidades declarantes.
A porcentaxe de imputación que debe consignarse determinarase en función da proporción que resulte dos estatutos das entidades declarantes.
Cando a porcentaxe de imputación non sexa un numero enteiro, expresarase con catro decimais.