11.7.2.7 Dedución para evitar a dobre imposición (modelo de información páxina 24)
Tanto se a base impoñible recollida na clave [00552] é positiva como negativa, a entidade incluirá a información relativa ás rendas obtidas no período impositivo obxecto de declaración que dean dereito á dedución para evitar a dobre imposición internacional.
Para iso, deberá cubrir unha liña polas rendas obtidas por unha mesma entidade, distinguindo na columna correspondente a base de cálculo da dedución e a porcentaxe de participación na entidade de que procedan as citadas rendas.
Se a porcentaxe de participación non é un número enteiro, expresarase con dous decimais.