6. Documentación adxunta
-
“Certificación de ser empresario ou profesional no país da sede ”: A solicitude deberá acompañarse obrigatoriamente do certificado expedido pola autoridade competente do país de sede do solicitante, en que se acredite que realiza alí actividades empresariais ou profesionais suxeitas ao IVE ou a un tributo análogo durante o período ao que se refire a solicitude. Cómpre que se acredite a condición de empresario ou profesional no país de sede durante o período ao que se refire a solicitude. De aí que o certificado achegado deba comprender o devandito período.
Para achegaro deberá acceder ao trámite específico “Certificación de ser empresario ou profesional no país de sede durante o período da solicitude ”disposta para ese fin na sede electrónica da Administración tributaria ou a través da ligazón incluída no propio formulario.
Neste recadro deberá indicar o nº do rexistro electrónico a través do que efectuou a achega do certificado .
-
“Poder de representación en primeira solicitude ”: Se se trata da primeira solicitude que o representante presenta por conta da entidade solicitante en virtude do poder actualmente vixente (habendose así indicado no apartado 2), a solicitude deberá acompañarse obrigatoriamente do poder de representación que cumpra os requisitos establecidos no artigo 8.2 da a Orde EHA/789/2010, do 16 de marzo, pola que se aproban o modelo 361 de solicitude de devolución do Imposto sobre o Valor Engadido a determinados empresarios ou profesionais non establecidos no territorio de aplicación do imposto, nin na Comunidade, Illas Canarias, Ceuta ou Melilla.
Para achegar o poder deberá acceder ao trámite específico “Poder de representación en primeira solicitude” disposta para ese fin na sede electrónica da Administración tributaria ou a través da ligazón incluída no propio formulario.
Neste recadro deberá indicar o nº do rexistro electrónico a través do que efectuou a achega do poder de representación.
-
“Facturas obrigatorias ”: A solicitude deberá acompañarse das facturas cuxa base impoñible sexa superior a 1.000 € con carácter xeral, ou superior a 250 € se se trata da adquisición de carburantes. Para achegaras deberá acceder ao trámite específico “Facturas obrigatorias” disposto para ese fin na sede electrónica da Administración tributaria ou a través da ligazón incluída no propio formulario.
Neste recadro deberá indicar o nº do rexistro electrónico a través do que efectuou a achega das facturas .
-
Xustificación de estrutura de grupo ”: Se a entidade solicitante pertence a un grupo fiscal, a través do trámite específico "Xustificación estrutura do Grupo "disposto para ese fin na sede electrónica da Administración tributaria ou a través da ligazón incluída no propio formulario, deberá achegarse, canda a primeira solicitude que presente a entidade, a documentación que acredite a estrutura do grupo. Con esta finalidade, deberá achegarse certificación ou documento oficial expedido pola autoridade competente do país de sede que enumere todos os membros do grupo fiscal ao que pertence a entidade solicitante, con indicación de cal é a sociedade matriz.
No suposto de que o nº de identificación fiscal sexa único para todo o grupo fiscal, de xeito que a empresa solicitante carece de nº de identificación individual no país de sede, canda a primeira solicitude de devolución da entidade deberá achegarse por rexistro un escrito en que se asocie o nº de identificación do grupo seguido dun nº de orde a cada empresa do grupo que pretenda presentar solicitudes de devolución de IVE en España. En relación con este apartado, ver tamén as instrucións de formalización do apartado 1.
-
“Outra documentación voluntaria ”: Neste recadro poderá indicar o nº de rexistro a través do que achegou, se é o caso, documentación que o solicitante considera relevante para a tramitación da solicitude ou achegara a través do trámite específico "Outra documentación voluntaria" disposta para ese fin na sede electrónica da Administración tributaria ou a través da ligazón incluída no propio formulario.
Toda a documentación que se anexe á solicitude, tanto a obrigatoria coma a voluntaria, deberá presentarse en castelán, ou traducida ao castelán por tradutor ou intérprete xurado, en virtude do que se dispón no art. 15, apartado 1, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas