1. Declarante
Os campos “NIF/CII” e “Apelidos e nome ou razón social” cóbrense cos datos do declarante (isto é, do suxeito pasivo), xa actúe este mediante intermediario ou non.
No campo “Nº de operador para os efectos do réxime de importación (NIOSS)” consignar o nº que comeza por “IM” asignado no acordo de alta no réxime ao declarante, ou se é o caso, ao intermediario que actúa por conta do declarante en cuestión.
Se o declarante actúa a través de intermediario deberá así marcarse. Será o intermediario quen debe realizar a presentación do modelo 369. Polo tanto, hai que marcar que se actúa a través de intermediario e consignar tamén, no campo correspondente, o seu “Nº de identificación como intermediario (NIOSSIn)”, que comeza coas letras “IN”. Este nº consta na resolución de alta como intermediario.