6. Entregas de bens expedidos ou transportados desde outros EM distintos de España
En relación a cada país distinto de España desde o que se expiden ou transportan bens deberase consignar o Código do país de envío así como o NIVA/outro código de identificativo fiscal se se dispón del (en caso de non disporse de NIVA/outro código identificativo fiscal no país de envío non se encherá este campo).
Por cada País de envío e para cada Estado membro de consumo ao que chegan os bens deberanse encher os seguintes datos:
Código País EM de consumo, o Tipo de IVE para ese EM de consumo e a Base impoñible en euros.
Estas entregas decláranse independentemente de se o suxeito pasivo dispón ou non de establecemento permanente no Estado membro de chegada dos bens. Isto é, se o declarante realiza entregas de bens expedidos ou transportados desde un EM (País de envío) ao Estado membro onde radica a súa sede de actividade (España) ou un establecemento permanente (EM de consumo), estas entregas tamén se deberán incluír neste apartado.
Ademais, se o declarante é unha interface electrónica que é considerado suxeito pasivo das entregas de bens porque o vendedor das mesmas non está establecido na Comunidade, tamén se deberán incluír neste apartado as entregas nacionais de bens, é dicir, aquelas cuxo Estado membro de consumo sexa o país de envío (o transporte empeza e finaliza no mesmo EM distinto de España).