4.2.16. P) Opcións contractuais
Neste apartado deben declararse as opcións contractuais cuxa titularidade corresponda ao declarante, derivadas de contratos que faculten unha persoa para que, ao seu arbitrio e no prazo ou termo pactado, poida decidir acerca do perfeccionamento dun contrato principal (xeralmente de compravenda) fronte a outra persoa que, de momento queda vinculada a soportar os resultados da devandita libre decisión do titular do dereito de opción.
Valoración
As opcións contractuais valóranse, de acordo co que establece o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, polo prezo especial convido e, a falta deste , ou se fose menor, polo 5 por 100 da base sobre a que se liquidarían, para os efectos do devandito Imposto, os contratos sobre os que as devanditas opcións recaian.