4.3.5. Límite de cota. Formalización
Para o cálculo deste límite, no recadro 30 "Suma das bases impoñibles do IRPF "aparecerá unha xanela de captura de datos, onde haberá que introducir a seguinte información:
- TIPO DE TRIBUTACIÓN NO IRPF
Indicarase o tipo de tributación, individual ou conxunta, no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2017
- DATOS DO DECLARANTE
- Valor neto dos elementos patrimoniais improdutivos
Indicarase o valor dos elementos patrimoniais que, pola súa natureza ou destino, non sexan susceptibles de producir os rendementos gravados pola Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, como por exemplo, vehículos non afectos, xoias, peles de carácter suntuario, etc.
O valor neto óbténse restando ao valor deses bens as débedas deducibles correspondentes aos mesmos, así como a parte proporcional daqueloutras outras débedas que, sendo tamén deducibles, non estean vinculadas a ningún elemento patrimonial.
Se o valor fóra cero, pode deixar o recadro en branco.
- Bases impoñibles do IRPF (recadros 0415 e 0435 do IRPF)
Indicaranse as bases impoñibles (xeral e do aforro) da declaración do Imposto sobre a Renda do exercicio 2017 do declarante, en caso de tributación individual, ou da unidade familiar, en caso de tributación conxunta.
Se a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro son cero, deberá indicaro marcando unha “X” no recadro específico establecido para ese fin.
Para os efectos de determinar o importe da base impoñible do aforro do IRPF, deberán aplicarse as seguintes regras:
a) Non se terá en conta a parte da citada base impoñible do aforro que corresponda ao saldo positivo das ganancias e perdas patrimoniais obtidas por transmisións de elementos patrimoniais adquiridos ou de melloras realizadas nos mesmos con máis dun
ano de antelación á data da transmisión, cuxo importe se consignará no recadro 32 da páxina 10 da declaración do Imposto sobre o Patrimonio.
Para determinar este importe deberá calcularse, en primeiro lugar, o saldo neto das ganancias e perdas patrimoniais obtidas no exercicio que deriven da transmisión de elementos patrimoniais adquiridos con máis dun ano de antelación á data da transmisión.
Se o saldo anterior fose negativo ou cero, consignarase cero no recadro 32. Se o saldo fose positivo, deberán tomarse en consideración o saldo neto positivo das ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2017 a integrar na base impoñible do aforro (recadro 0406 da
páxina 14 da declaración do IRPF), e, se é o caso, a compensación dos seguintes saldos - Saldo neto negativo de rendementos de capital mobiliaria imputables a 2017 a integrar na base impoñible do aforro (co límite do 20 por 100 saldo neto positivo das ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2017) [recadro 0416]
- Saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais que non deriven da transmisión de valores recibidos por operacións de débeda subordinada ou de participacións preferentes, de 2013 a 2014 pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro [recadro 0417]
- Saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais derivados da transmisión de valores recibidos por operacións de débeda subordinada ou de participacións preferentes, de 2013 a 2014 pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro [recadro 0418]
- Saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais de 2015, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro [recadro 0419]
- Saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais de 2016, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro [recadro 0420]
- Resto de saldos netos negativos de rendementos de capital mobiliaria derivados de valores de débeda subordinada ou de participacións preferentes, de 2013 a 2014 pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro [recadro 0421)
- Resto de saldos netos negativos de rendementos de capital mobiliaria de 2015, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro, co límite do 20 por 100 do saldo neto positivo das ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2017 [recadro 0422)
- Resto de saldos netos negativos de rendementos de capital mobiliaria de 2016, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2017, a integrar na base impoñible do aforro, co límite do 20 por 100 do saldo neto positivo das ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2017 [recadro 0423).
Se a diferenza entre o importe do recadro 0384 e os da suma dos recadros 0416, 0417, 0418, 0419, 0420, 0421, 0422 e 0423 é igual a cero, no recadro 032 da declaración do Imposto sobre o Patrimonio consignarase cero.
-
Se a diferenza entre o importe do recadro 0406 e os da suma dos recadros 0416, 0417, 0418, 0419, 0420, 0421, 0422 e 0423 é positiva, e o saldo das ganancias e perdas patrimoniais derivadas da transmisión de elementos patrimoniais adquiridos con máis dun ano de antelación á data da transmisión (G e P>1) fose igual ou superior ao importe consignado no recadro 0406 da declaración do IRPF, no recadro 32 da declaración do Imposto sobre o Patrimonio consignarase a diferenza entre as cantidades consignadas nos recadros 0406 e os da suma dos recadros 0416, 0417, 0418, 0419, 0420, 0421,0 422 e 0423 da declaración do IRPF.
Se a diferenza entre os importes do recadro 0406 e os da suma dos recadros 0416, 0417, 0418, 0419, 0420, 0421, 0422 e 0423 é positiva, e o saldo das ganancias e perdas patrimoniais derivadas da transmisión de elementos patrimoniais adquiridos con máis dun ano de antelación á data da transmisión (G e P>1) fose inferior ao importe consignado no recadro 0406 da declaración do IRPF, no recadro 32 da declaración do Imposto sobre o Patrimonio consignarase a cantidade resultante da seguinte operación.
-
b) sumarase o importe dos dividendos e participacións en beneficios obtidos por sociedades patrimoniais, calquera que sexa a entidade que reparta os beneficios obtidos polas citadas sociedades patrimoniais.
- Cotas íntegras do IRPF (recadros 0514 e 0515 do IRPF)
Indicaranse tamén as cotas íntegras do IRPF correspondente ás bases impoñibles (xeral e do aforro) do declarante, en caso de tributación individual, ou da unidade familiar, en caso de tributación conxunta.
- Valor neto dos elementos patrimoniais improdutivos
- DATOS DO CÓNXUXE (Imposto sobre o Patrimonio)
Só en caso de tributación conxunta no IRPF deberá cubrirse este apartado, desde que o cónxuxe teña obriga de presentar declaración do Imposto sobre o Patrimonio.
O programa non contempla o suposto de que os fillos menores que, se é o caso, integren a unidade familiar realicen declaración por este Imposto.
- Base impoñible
Deberá sinalarse a base impoñible que resulte da declaración do Imposto sobre o Patrimonio do cónxuxe (recadro 25 )
- Valor neto dos elementos patrimoniais improdutivos
Indicarase o valor neto dos elementos patrimoniais do cónxuxe que, pola súa natureza ou destino, non sexan susceptibles de producir os rendementos gravados pola Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, como por exemplo, vehículos non afectos, xoias, peles de carácter suntuario, etc.
O valor neto óbténse restando ao valor deses bens as débedas deducibles correspondentes aos mesmos, así como a parte proporcional daqueloutras outras débedas que, sendo tamén deducibles, non estean vinculadas a ningún elemento patrimonial.
Se o valor fóra cero, pode deixar o recadro en branco.
- Cota íntegra
Consignarase a Cota Íntegra correspondente á declaración do Imposto sobre o Patrimonio do cónxuxe (recadro 29 )
- Base impoñible
TRIBUTACIÓN CONXUNTA NO IRPF
Cando os compoñentes dunha unidade familiar optasen pola tributación conxunta no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o programa calculará o límite da cota íntegra conxunta do devandito Imposto e a do Imposto sobre o Patrimonio acumulando as cotas íntegras reportadas por aqueles neste último tributo.
Se é o caso, a redución que proceda practicar ratearase entre os suxeitos pasivos en proporción ás súas respectivas cotas íntegras no Imposto sobre o Patrimonio.