Saltar ao contido principal
Patrimonio 2017

4.3.7. Bonificación da cota en Ceuta e Melilla

Se entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible, figurase algún situado ou que debese exercitarse ou cumprirse en Ceuta e Melilla e as súas dependencias bonificarase no 75 por 100 a parte da cota que proporcionalmente corresponda aos mencionados bens ou dereitos.

Esta bonificación non será de aplicación aos non residentes nas devanditas cidades, agás polo que se refira a valores representativos do capital social de entidades xurídicas domiciliadas e con obxecto social en Ceuta e Melilla, ou cando se trate de establecementos permanentes situados nelas .

A Comunidade Autónoma poderá establecer bonificacións neste imposto, que resultarán compatibles coas establecidas polo Estado, sen que poidan supor a súa modificación, aplicandose con posterioridade ás estatais.

FORMALIZACIÓN

No recadro 42 consignarase o valor neto correspondente aos bens e dereitos situados en Ceuta e Melilla, é dicir, o valor deses bens menos as débedas deducibles correspondentes aos mesmos.

O importe máximo desta dedución nunca poderá superar o límite do 75 por 100 da "Total cota íntegra" da declaración.