3.2. Obrigados a declarar
Están obrigados a presentar declaración os suxeitos pasivos, xa séxano por obriga persoal ou por obriga real de contribuír, cuxa cota tributaria determinada de acordo coas normas reguladoras do Imposto e unha vez aplicadas as deducións ou bonificacións que procederen, resulte a ingresar ou cando, non dandose esta circunstancia, o valor dos seus bens ou dereitos, determinado de acordo coas normas reguladoras do Imposto, resulte superior a 2.000.000 euros.