3.3. Bens e dereitos obxecto de declaración
A) POR OBRIGA PERSOAL
Sen prexuízo do que se dispón nos Tratados ou Convenios internacionais, debe declararse o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular o declarante a 31 de decembro de 2018 con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais de que o mesmo deba responder.
B) POR OBRIGA REAL
Sen prexuízo do que se dispón nos Tratados ou Convenios internacionais, deben declararse, exclusivamente, os bens e dereitos de que sexa titular o declarante a 31 de decembro de 2018, cando os mesmos estivesen situados, puidesen exercitarse ou tivesen que cumprirse en territorio español, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como as débedas por capitais investidas nos mesmos.