4.3.11. Comunidade Autónoma de Cataluña
Se entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible hai bens que forman parte do patrimonio especialmente protexido ao abeiro da Lei 41/2003, do 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con discapacidade, o contribuínte residente na Comunidade Autónoma de Cataluña poderá aplicar unha bonificación do 99 %na parte da cota que proporcionalmente corresponda aos devanditos bens ou dereitos.
A mesma bonificación é aplicable aos bens ou dereitos de contido económico que formen parte do patrimonio protexido constituído ao abeiro da Lei 25/2010 do Libro Segundo do Código Civil de Cataluña relativa á persoa e a familia.