4.3.9. Comunidade Autónoma Principado de Asturias. Bonificación dos patrimonios especialmente protexidos de contribuíntes con discapacidade
Se entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible hai bens que forman parte do patrimonio especialmente protexido ao abeiro da Lei 41/2003, do 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con discapacidade, o contribuínte residente na Comunidade Autónoma do Principado de Asturias poderá aplicar unha bonificación do 99 %na parte da cota que proporcionalmente corresponda aos devanditos bens ou dereitos.