Saltar ao contido principal
Patrimonio 2019

4.2.8. H) Valores exentos representativos da participación nos fondos propios de entidades xurídicas

H1) Accións e participacións exentas no capital social ou en fondos propios de entidades xurídicas negociadas en mercados organizados (art. 4.8.2 Lei 19/91; RD 1704/99)

Debe consignar neste espazo as participacións en entidades negociadas en mercados organizados, na medida en que cumpran as condicións para beneficiarse da exención prevista na Lei do Imposto.

Con esta finalidade estará exenta a plena propiedade, a núa propiedade e o dereito de usufruto vitalicio sobre as participacións en entidades.

O contribuínte deberá facer constar a parte do valor das participacións que resulten exentas de acordo coas regras do Imposto.

A parte do valor das participacións que, se é o caso non resulten exentas deberá incluírse no epígrafe correspondente a accións e participacións non exentas.

H2) Accións e participacións exentas no capital social ou en fondos propios de entidades xurídicas non negociadas en mercados organizados  e participacións exentas no capital social de cooperativas (art. 4.8.2 Lei 19/91; RD 1704/99)

Debe consignar neste espazo as participacións en entidades non negociadas en mercados organizados, cuxa titularidade corresponda directamente ao contribuínte, na medida en que cumpran as condicións e requisitos para beneficiarse da exención prevista na Lei do Imposto.

Con esta finalidade estará exenta a plena propiedade, a núa propiedade e o dereito de usufruto vitalicio sobre as participacións en entidades.

O contribuínte deberá facer constar a parte do valor das participacións que resulten exentas de acordo coas regras do Imposto.

A parte do valor das participacións que, se é o caso non resulten exentas deberá incluírse no epígrafe correspondente a accións e participacións non exentas.

Formalización

Respecto de cada unha das accións ou participacione deberá consignar: a clave correspondente ao pleno dominio ou núa propiedade segundo cal sexa o seu caso, o porcentaxe de  participación  individual e a porcentaxe na entidade posuída de forma conxunta co cónxuxe, ascendentes, descendentes ou colaterais de 2º grao. o número de valores (o programa  permite decimais), o ISIN asignado pola CNMV ou no seu defecto o NIF do emisor, a descrición dos valores e o valor.

  1. 4.2.8.1. Condicións para a exención de participacións en entidades
  2. 4.2.8.2. Valor das participacións exentas