4.2.9. I) Seguros de vida
Neste apartado deben declararse os seguros de vida contratados polo declarante, aínda que o beneficiario sexa un terceiro, indicando a entidade aseguradora coa que se contrataron.
Valoración
Os seguros de vida computaranse polo seu valor de rescate no momento da devindicación do Imposto (o 31 de decembro).
O devandito valor seralle facilitado pola Entidade aseguradora.