Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

1. Introdución

O imposto sobre o patrimonio é un tributo de carácter directo e natureza persoal que grava o patrimonio neto das persoas físicas.

Constitúe o patrimonio neto da persoa física o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que a mesma sexa titular, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais de que o seu titular deba responder.

O Imposto sobre o Patrimonio aplícase en todo o territorio nacional, sen prexuízo dos réximes tributarios forais de Concerto e Convenio Económico vixentes nos Terri­torios Históricos do País Vasco e da Comunidade Foral de Navarra, respectivamente.

O imposto sobre o patrimonio é un imposto cuxo rendemento está cedido na súa totalidade ás comunidades autónomas.

Como consecuencia da cesión, as Comunidades Autónomas poderán asumir competen­cias normativas sobre o mínimo exento, o tipo de gravame e as deducións e bonificacións da cota.

As deducións e bonificacións aprobadas polas Comunidades Autónomas resultarán, en todo caso, compatibles coas establecidas na normativa estatal reguladora do imposto e non poderán supor unha modificación das mesmas.

Estas deducións ou bonificacións autonómi­cas serán aplicadas con posterioridade ás reguladas pola normativa do Estado. Se as comunidades autónomas non fixesen uso das competencias normativas sobre este imposto, aplicarase, no seu lugar, a normativa do Estado.