Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

3.7.2. Forma de presentación

Os suxeitos pasivos do Imposto sobre o Patrimonio deberán realizar de forma obrigatoria a presentación electrónica por Internet de l a declaración correspondente a este imposto (modelo 714)

 Presentación electrónica por Internet

A declaración do Imposto sobre o Patrimonio presentarase de forma obrigatoria por vía electrónica a través de Internet, de acordo co que se establece nos apartados a) e c) do artigo 2 da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria, debendose ter en conta o seguinte:

  • As autoliquidacións do Imposto sobre o Patrimonio deberán confeccionarse desde o formulario web do modelo 714 ao que poderá acceder utilizando a opción "Servizo tramitación de declaración de Patrimonio", dispoñible na Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, no enderezo https://www.agenciatributaria.gob.es..
  • A presentación electrónica por Internet pode realizarse utilizando os seguintes sistemas electrónicos de identificación, autenticación e sinatura: Certificado electrónico recoñecido emitido de acordo co previsto no artigo 2.a).1.º da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro Tamén mediante o sistema Cl@ve PIN de acordo co previsto no artigo 2.a).2.º da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro.(3)

Finalmente, como en exercicios anteriores poderán presentarse electronicamente por Internet mediante a consignación do Número de Identificación Fiscal (NIF) do obrigado tributario ou obrigados tributarios e do número ou números de referencia postos a disposición do contribuínte pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.